Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

CLUBS DE LECTURA

Nestas primeiras sesións dos Clubs de Lectura os seus membros xa prepararon as normas/acordos do Club para o seu correcto desenvolvemento. Tamén diseñaron e fixeron as chapas que os identifican.

Ademais, comezamos coa lectura dos primeiros capítulos dos libros, os cales nos teñen enganchadísimos, e desexando voltar para continuar.

Temos xa grandes ideas que poñer en marcha á vez que seguimos coa lectura. Estamos moi emocionad@s!

No Club de Lectura de Teatro estiveron a ler diferentes fragmentos de obras e a preparar unha obra moi especial para Nadal, a cal foi estreada o último día do trimestre nas Badaladas 2023. Aquí podedes ver un pedazo do seu gran traballo.

Noraboa equipo!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo