Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

II CARREIRA SOLIDARIA SAN SILVESTRE EN SAN MARCOS

Que mellor forma de rematar o ano que celebrando a Segunda Carreira Solidaria San Silvestre no CEIP Plurilingüe San Marcos.

Pequenos e maiores pasámolo en grande, facendo un percorrido ao redor do colexio coa participación das familias.

Comezamos coa entrega de dorsais, para a cal foi necesario doar algún xoguete nas semanas previas para a asociación Equus Zebra de A Coruña. Logo, realizamos as diferentes carreiras por ciclos e finalizamos coa entrega de diplomas a todos os participantes e unha foto conxunta no photocall preparado para a ocasión.

Este ano contamos cun animador magnífico e un técnico de son de categoría. Moitas grazas!!

Esperamos ao próximo decembro para repetir!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo