Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

OBRADOIROS DE NADAL 2023

Este ano para celebrar o Nadal no 1º ciclo de Primaria e en Educación Infantil decidimos realizar uns obradoiros moi especiais coa colaboración das familias. Consideramos que este tipo de actividades son moi significativas e verdadeiramente motivadoras tanto para o alumnado como para os seus seres queridos.

Nesta ocasión, no primeiro ciclo aproveitaron para facer adornos de Nadal para as súas casas e para a árbore do colexio.

Mentres que en Educación Infantil cada neno/a decorou unha pequena árbore de Nadal coa axuda dos maiores que logo ao xuntalas todas fixemos unha gran árbore colaborativa de Nadal. Ademais, cada nivel fixo unha manualidade adicional para levar as súas casas.

Así, un anaquiño de San Marcos está tamén nos vosos fogares feito con amor e traballo en equipo.

Desfrutade do vídeo resumo destas marabillosas xornadas de Nadal.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo