Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2023

Como cada ano, celebramos no CEIP Plurilingüe San Marcos o noso tradicional concurso de postais. Cada aula prepara a súa postal de Nadal para expoñer na porta da clase. Logo faise unha votación e a máis votada é a gañadora. Como premio, esta é a postal que se empregará para felicitar as festas de Nadal a toda a comunidade educativa.

Aquí podedes ver as 17 postais participantes e, como non, a gañadora deste curso que é a postal da clase verde (6º EI -A).

Noraboa a tod@s polo gran traballo, son todas fabulosas!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo