Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

SOMOS REPOSTEIR@S POLO NADAL

O alumnado de 6º de primaria elaborou unha torta de galletas e chocolate para repasar os contidos sobre a nutrición e os alimentos na materia de ciencias da natureza. Axudados da charla sobre nutrición que puideron desfrutar estes días.

Para iso fixeron primeiro unha receita onde apuntaron os ingredientes necesarios para a súa elaboración.

De seguido, debuxaron os alimentos utilizados na roda nutricional indicando os seus nutrintes.

Por último, deseñaron o prato “de ben comer” tendo en conta que a sobremesa era a torta.

Por unha banda, fixeron unha investigación sobre o azucre, para concienciarnos da cantidade que comemos, expoñéndoo nun mural moi visual. Traballando o deporte dende o punto de vista nutricional.

APRENDEMOS DUNHA FORMA MOI SABOROSA!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo