Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

TIME WITH JOY!

Neste curso contamos de novo con Joy, a nosa auxiliar de conversa preferida.

Joy ten unha hora semanal con cada grupo e nas horas de ler rota polas distintas aulas, facendo con eles diferentes actividades: manualidades, lecturas, xogos, etc.

Por exemplo, aquí podedes ver un xogo que fixo co alumnado de 5 anos no que debuxaban diferentes animais e escribían o seu nome.

Tamén creou co alumando de Infantil uns fachos olímpicos especiais coa pegada da súa man.

Felices Festas Joy, vémonos á volta!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo