Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

5 DE DECEMBRO – DÍA D@S VOLUNTARI@S

Dentro do Plan Proxecta de Voluntariado Miúdo! que este ano desenvolven dende as aulas de Educación Infantil, para celebrar o día dos voluntarios cada nivel converteuse en voluntarios e voluntarias por un día. No seguinte vídeo podedes ver un resumo deste gran día.

O alumnado de 3 anos visitou o Centro de Día Castelao en Betanzos, compartindo unha mañá de manualidades e panxoliñas xuntos. Ademais, agasallamos aos maiores con contos de expurgo da biblioteca do centro xa que eles non contan con biblioteca.

Os nenos e nenas de 4 anos pasaron un día na Cruz Vermella de Betanzos axudando a empaquetar os alimentos recollidos durante a campaña de Nadal, preparando merendas para os afiliados e aprendendo máis sobre primeiros auxilios e ambulancias.

Por último, o alumnado de 5 anos desfrutaron dunha mañá en compañía da Brigada de Limpeza do Concello de Abegondo cos que leron contos, fixeron mecanografía e un debuxo colaborativo. Aprendendo tamén sobre o seu gran traballo no concello.

Grazas a todas e todos os colaboradores por facelo posible.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo