Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

RECOLLIDA DE XOGUETES (1 libro e 1 dorsal X 1 xogo)

Este curso colaboramos coa asociación Equus Zebra na campaña de Nadal de recollida de xoguetes, para que todos os nenos e nenas poidan ter este Nadal un xoguete na súa árbore.

Ao igual que a campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene, poñemos en marcha o programa 1libro X 1 xoguete. Consiste en que por cada xoguete que traiades podedes coller un libro dos que estarán expostos no corredor de primaria. Son doazóns que fai Marquiños da biblioteca do centro para agradecer a vosa solidariedade.

Ademais, con estas doazóns recibiredes un dorsal para participar na II Carreira San Silvestre de CEIP Plurilingüe San Marcos que se celebrará o mércores 20 de decembro pola tarde.

A vosa axuda conta!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo