Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS EXPERIMENTAN. ÁNGELA E ADRIÁN, PAIS DE VALENTINA

Hoxe viñeron a facer experimentos con nós Ángela e Adrián, a familia de Valentina. 

Primeiro amosáronnos como conseguir que a madeira (un material illante) conduza a electricidade. Como é un proceso perigoso, fixérono na casa e nós puidemos velo en vídeo e o resultado final. Consiste en impregnar a madeira con auga e sal, desa forma xa ten un elemento condutivo. Logo xeraron unha descarga eléctrica con dous ferros e puidemos observar como a electricidade “camiñaba” pola madeira. O resultado final foron varios anacos de madeira queimados coa forma que deixou a descarga de corrente.

Despois pasamos á acción e creamos un fluído non Newtoniano, para o cal empregamos auga e Maicena. Este tipo de fluídos son especiais porque cambian a súa viscosidade en función da temperatura e a forza que se lles aplique. Por exemplo, cando introducimos a man amodo é líquido, pero se tratamos de agarralo convértese en sólido. Gustounos moitísimo!

Moitas grazas por colaborar con nós familia!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo