Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS EXPERIMENTAN. LAURA, NAI DE IVÁN E ADRIÁN

O 16 de novembro en 3º recibimos a visita de Laura, a nai de Iván de 3º A.

Esta nai titulada en enfermaría veunos contar a súa experiencia laboral na Unidade de neonatos na Clínica O Belén, situada na cidade de A Coruña.

A charla foi moi amena, xa que Laura acompañouna de apoio audiovisual, algo que resulta moi motivador para o noso alumnado debido á súa curta idade.

A nosa enfermeira explicounos a diferencia entre prematuros e neonatos, mostrounos os aparellos cos que traballan na súa unidade, amosou vídeos reais de bebés tanto prematuros como neonatos e a súa evolución e, por último, deixoulles manexar aos nenos e nenas os aparellos que trouxo como mostra.

Ademais, agasallou a todo o alumnado cun gorro cirúrxico e un biberón con caramelos.

O día 28 de novembro, Laura volveu o cole pero esta vez a visitar ao alumnado de 6º, xa que tamén é nai de Adrián C. de 6º A.

Levounos un montón de material que usan as enfermeiras cos nenos prematuros: roupa, nidos, xeringas, sensores da calor, medidor de tensión arterial… Tamén, a través de fotos dos “seus nenos” puidemos ver a gran labor que fan estas profesionais de sanidade. Algúns deles pesan 800 gramos ao nacer e é incrible como medran fortes e sans grazas a elas!

Por último, grazas a unha pequena maqueta caseira que trouxo vimos o saco amniótico, a placenta, o cordón umbilical… e aprendimos como é o embarazo no útero materno.

Para rematar, regalounos unhas xeringas doces. 

Encantounos! Moitas grazas pola visita, foi realmente interesante!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo