Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

RECOLLIDA DE ALIMENTOS (1 libro X 1 kg)

Outro ano máis colaboramos co Concello de Abegondo na campaña de Nadal de recollida de produtos non perecedoiros, produtos de Nadal, artigos de aseo, artigos de limpeza, etc.; para aqueles fogares que máis o necesitan.

Como novidade, este curso poñemos en marcha o programa 1libro X 1 kg/produto. Consiste en que por cada kg de alimento ou produto que traiades podedes coller un libro dos que estarán expostos no corredor de primaria. Son doazóns que fai Marquiños da biblioteca do centro para agradecer a vosa solidariedade.

A vosa axuda conta!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo