Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

MAXIA POLA IGUALDADE (25N)

Hoxe, grazas ao concello de Abegondo, o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Primaria gozou dun espectáculo de maxia pola igualdade de xénero.

A ilusionista Fani Triana, fixo un espectáculo magnífico de maxia na que pretendía poñer en valor a continua loita da muller en todos os segmentos da sociedade.

Os nenos e nenas sorprendéronse e gozaron moito con esta actuación.

Gracias a Fani e ao concello de Abegondo por achegar aos máis pequenos/as espectáculos que promoven a igualdade de xénero.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo