Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS EXPERIMENTAN. JORGE, PAI DE VALERIA

Hoxe visitounos Jorge, o pai de Valeria para falarnos do seu traballo cos robots. Explicounos o funcionamento dalgúns deles, e vimos fotografías dos diferentes tipos que existen. Falounos máis en concreto dos drons. Descubrimos que algúns serven para axudar ás persoas como guías, outros para levar salvavidas nunha situación de emerxencia no mar, outros para levar paquetes… Incluso nos ensinou imaxes dun taxi voador, que pode que no futuro empreguemos con normalidade. 

Algúns drons empregan sistemas de hélices para voar, e outros asemellan máis a un avión. Por iso creamos con papel os nosos propios avións, observando que a súa forma condiciona moito a súa distancia de voo.

Por último, e o que máis nos gustou, foi ver a un dron de xoguete voar dentro da nosa biblioteca. Pareceunos moi interesante, e quedamos coa boca aberta cando facía piruetas.

Moitas grazas por compartir con nós este momento! Agardámoste sempre que queiras volver!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo