Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

25N – DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

En educación Infantil levamos a cabo a lectura de contos como Pepukas e Arturo e Clementina. A partir dos cales realizamos diferentes manualidades e diálogos para concienciar os máis pequen@ sobre a importancia de tratar ben os demais e coidar aos nosos amigos e amigas.

A través da actividade do “Iceberg da Violencia de Xénero”, as nenas e nenos do 1º ciclo reflexionamos sobre que é exercer violencia noutra persoa e puidemos ver que hai violencias que son máis doadas de identificar e outras, que aínda que pareza que están ocultas na parte de abaixo do iceberg, tamén poden facer moito dano.

Pola súa parte, no segundo ciclo creamos o “Mural dos tipos de violencia” onde os nenos e nenas descubrimos que a Violencia de Xénero pode ter moitas formas e decidimos identificar e clasificar algúns exemplos desta…Visitade o noso mural para estar informadas/os, ser quen de identificala é o primeiro paso para denunciala!

No 3º ciclo reflexionamos sobre o papel da sociedade fronte a Violencia de Xénero. Para iso realizamos unha dinámica na que tiñamos que identificar situacións de Violencia de Xénero. Tamén tivemos que identificar cal era o agresor colgándolle o cartel de “#omeuamigoéoagresor”, buscando romper os estereotipos desta violencia, xa que calquera pode ser agresor e todas/os temos un papel importante non respaldando e denunciando a Violencia de Xénero.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo