Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

PUNTO VIOLETA E PUNTO ARCO DA VELLA

Este curso en coordinación do Equipo de Biblioteca e o Plan Proxecta Donas de Si, xurdiu a idea de crear un Punto Violeta para proporcionar información e sensibilizar sobre a tolerancia cero ante a violencia de xénero. Por tanto, o día 25 de novembro que se celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, decidimos estrear este espazo onde podedes atopar contos e lecturas sobre a non violencia, a igualdade entre homes e mulleres e a defensa do papel da muller na sociedade. Así como, carteis informativos sobre que facer se observamos este tipo de actos.

Ademais, tamén creamos un Punto Arco da Vella, xa que o día 16 de novembro celebrouse o Día Internacional da Tolerancia. Este é un espazo para informar sobre as distintas orientacións afectivo-sexuais e concienciar sobre a non discriminación das persoas LGTBIQA+, a partir da rotura de estereotipos de xénero. Neste punto atoparedes contos e lecturas relacionados coa tolerancia, o respecto, a igualdade e a diversidade que vivimos hoxe en día. Xunto a eles tamén haberá folletos informativa e de sensibilización cara estes colectivos.

Tod@s somos iguais, tod@s somos únic@s!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo