Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

CIRCO NA CASA – MOC MOC (25N)

Hoxe, grazas ao concello de Abegondo, o alumnado de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria gozou dun espectáculo de humor e circo a favor da igualdade de xénero.

MèRe Clown (David Merelas), da compañía MOC MOC, recreou unha escena de tarefas domésticas con certa torpeza e humor facendo malabares e equilibrios empregando “cousas de andar por casa”.

Os nenos e nenas riron sen parar e quedaron abraiados con esta actuación.

Gracias a MOC MOC e ao concello de Abegondo por achegar aos máis pequenos/as espectáculos que promoven a igualdade de xénero.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo