Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS EXPERIMENTAN. SOFÍA, NAI DE ADARA

Visitounos Sofía, a nai de Adara, para contarnos como descubriu ela a ciencia dende pequena. Gracias á súa profesión, achegou a química á nosa biblioteca.

Primeiro falounos de que todo o que nos rodea é química, pequenas partículas chamadas átomos que ao unirse forman moléculas (dende o aire que respiramos á auga que bebemos). Creamos varias moléculas con plastilina e palillos.

O laboratorio máis próximo… a cociña! Despois vimos como esas moléculas se poden mesturar entre si, mediante disolucións (sal en auga) ou por reaccións químicas (vinagre e bicarbonato).

Tamén nos explicou a importancia da seguridade (usar gafas protectoras, luvas, bata…)

Por último, fixemos un experimento con zume de col lombarda, para ver como funciona un indicador de pH. Vimos o que pasa cando engadimos zume de limón, auga, lixivia e amoníaco (sustancias ácidas, neutras e básicas).

Moitas grazas por esta gran experiencia. Unha clase de química moi divertida!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo