Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

CONCURSO: A NOSA MASCOTA OLÍMPICA

Ao longo deste mes cada aula estivo a traballar no deseño de mascota olímpica das nosas olimpíadas de San Marcos 2024.

Todas as mascotas elaboradas están sendo expostas no corredor principal de Educación Primaria para que a Comunidade Educativa poida votar.

Hoxe dan comezo as votacións, supervisadas por Marquiños, tedes ata o venres 24 para elixir cal queredes que sexa a nosa mascota olímpica.

A mascota gañadora terá un premio moi especial para a súa aula, e todas as aulas participantes terán tamén un agasallo de parte de Marquiños.

A que esperades?

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo