Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS EXPERIMENTAN. YÉSICA E ELÍAS, PAIS DE SARA M.

Acompañáronnos Yésica e Elías, a familia de Sara para realizar con nós varios experimentos no Mes da ciencia. 

Realizamos varios experimentos entre os que puidemos observar: a condutividade da auga ao ir engadindo sal, a electricidade estática que permite mover unha lata coa axuda dun globo, a presión atmosférica que permite que unha carta sosteña a auga dun vaso ao invertelo, o ácido da pel da laranxa que corroe o globo ata explotalo…

Moitas grazas por colaborar novamente con nós familia! Foi un pracer gozar da ciencia dun xeito tan divertido!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo