Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS EXPERIMENTAN. SHEILA, NAI DE SAÚL E THEO

Os nenos e nenas da aula vermella e 1ºB recibimos a visita de Sheila, a nai de Saúl e Theo.

Sheila introduciunos no método científico e fíxonos experimentar cunha gran diversidade de elementos.

Na aula de 1ºB experimentamos coa densidade dos líquidos facendo unha lámpada de lava, experimentamos coas cores empregando colorantes alimenticios, fixemos un volcán cun limón e ata explotamos globos coa pel dunha laranxa!

Na aula vermella realizamos varios experimentos cos que os nenos e nenas aprenderon moito sobre ciencia e, sobre todo, gozaron. Elaboraron unha lámpada de lava con pastillas efervescentes; conseguiron estoupar un globo co zume de laranxa, xa que o ácido cítrico correo o plástico; crearon un submarino cunha botella e auga; atravesaron unha bolsa de auga con cores, grazas a tensión superficial. Por último, descubriron a vela que fai subir a auga!

Foi unha tarde chea de emoción! Moitísimas grazas Sheila!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo