Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

APADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe celebramos o 20 de novembro, Día Universal da Infancia. Aproveitamos para dar comezo a nosa actividade de “Amig@ Maior” que, neste novo curso, se levará a cabo a nivel de centro e en diferentes espazos do noso colexio. Nesta primeira sesión algún grupos aproveitaron para coñecerse, outros para facer marcapáxinas conxuntos, outros para representar pequenas obras coa técnica Kamishibai e outros para lecturas en pequenos grupos.

Cada aula de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria ten unha aula de Amig@s Maiores cos que se reunirán mensualmente na Hora de Ler, e cando consideren, para facer lecturas conxuntas e diferentes dinámicas; potenciando así a convivencia internivel.

Tanto @s amig@s maiores como pequen@s están encantados con esta actividade como podedes ver nas fotos que amosamos a continuación.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo