Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

20N – DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, DÍA DO PIXAMA

Este ano para celebrar o Día Universal da Infancia (20 de novembro) unímonos a Asociación Estatal de Acollemento Familiar, ASEAF, para festexar o “Día do Pixama”.

É unha actividade lúdica e educativa que ten como obxectivo sensibilizar e dar a coñecer o acollemento familiar como medida de protección que ofrece aos nenos, nenas e adolescentes que tiveron que ser separados da súa familia de orixe, unha familia que os coida, acompaña e quere durante o tempo que sexa necesario.

Baixo o lema “tod@ nen@ ten dereito a medrar en familia”, o alumnado e profesorado de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria veu hoxe á escola en pixama. Ademais, durante esta xornada desenvolveron diferentes actividades relacionadas coa importancia da familia, como lectura de contos, manualidades, apadriñamentos lectores, etc.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo