Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

SEMANA “0 RESIDUOS”

Dende o Equipo de Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade propoñemos a partir deste mes varios retos mensuais para fomentar a concienciación de temas relacionados co coidado do medio ambiente.

No corredor de primaria teremos unha caixa verde para que o alumnado poida deixar nela as aportacións relativas a cada reto.

Comezamos esta semana celebrando a Semana de “0 residuos” promovida a nivel europeo para concienciar á sociedade de que o único residuo que non contamina é o que non se xera.

Para iso, dende o equipo aportamos a toda a comunidade educativa infografía de merendas saudables e alternativas para xerar menos residuos.

Ademais, xa comezamos coa recollida de tapóns, no noso “Punto tapón” e, en breve, comezaremos coa brigada de limpeza.

Tod@s xunt@s coidamos o noso planeta!

PUNTO LIMPO MÓBIL

Grazas ao Consorcio As Mariñas contamos durante este mes de abril dun punto limpo móbil no que poder reciclar moitas cousas que teñamos na nosa

O MUNDO DOS NOSOS BECHOS

Nas aulas amarela e verde están a realizar un mini-proxecto sobre insectos e bechos, en xeral. Culminará dito proxecto coa saída de fin de curso

REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR

O equipo de Paisaxe e Sustentabilidade continua coas actividades que permiten o coidado do Medio Ambiente dunha forma lúdica. Tratando de xerar conciencia no noso