Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS EXPERIMENTAN. ANDREA, NAI DE NICO

O venres 17 de novembro recibimos a visita de Andrea, a nai de Nicò. Foi unha tarde moi divertida, onde leunos un libro de Charles Darwin. A continuación fixemos unha dinámica moi divertida onde mesturaban creatividade e biodiversidade, xa que cada un montaba a súa propia especie animal. Ademais tivemos tempo para facer dous experimentos moi didácticos; un vaso vomitando, debido a reacción do vinagre e o bicarbonato sódico; e un segundo dun ovo saltarín. Aproveitando este segundo, xogaremos coa variable tempo, para analizar o tempo necesario para que un ovo rebote, seguindo as pautas do método científico. 

Foi unha tarde moi frutífera e divertida, na que non podemos máis que agradecerlle a súa visita a Andrea, e que volva cando queira. 

MOITAS GRAZAS ANDREA.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo