Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

APADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS

No día de onte, para conmemorar o Día da nosa biblioteca realizamos unha sesión de apadriñamentos lectores dentro do noso programa “amigo maior”, na que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria foi a Infantil para ler contos cos máis pequenos. Todos e todas desfrutaron coma nunca. 

O resto do alumando de Educación Primaria, nesta ocasión, puido usar a biblioteca dunha forma moi especial, BiblioCine! Aproveitando a época na que nos atopamos, gozaron do visionado da película “Coco”.

Aquí podedes ver unha mostra do gran día que vivimos todos e todas xuntos.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo