Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este ano para a celebración do Día das Biblioteca, todo o centro pasou por BiblioMarquiños para realizar un Espace Room no que tras superar diversas probas, preparadas por Marquiños e os seus colaboradores e colaboradas, descubriron a temática do PDI de este curso, por fin!

Cada nivel traballou en equipo para lograr atopar os números secretos que abrisen o cadeado e para iso, tiñan que empregar os diferentes espazos e materiais da biblioteca: dende localizar libros, usar iPad para descubrir códigos QR, facer quebracabezas, construír coas pezas LUPO ou usar o Ozobot. O paso final era facer unha predición sobre a temática en base as pistas dadas por Marquiños no proceso e na Radio estaría o título do noso PDI e un agasallo para cada aula polo seu gran esforzo.

O traballo en equipo foi fundamental, “Ningunh@ de nós é tan bó coma tod@s xunt@s”

Neste vídeo podedes ver un resumo do ben que o pasamos superando as probas.

Aquí tedes tamén o noso póster en viñetas desta gran aventura co lema das bibliotecas, que terá un lugar especial dentro da nosa biblioMarquiños.

Feliz Día das Bibliotecas a tod@s!!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo