Neste segundo trimestre ímonos centrar no achegamento e experimentación con elementos que non se perciben, pero están no noso día a día. Continuando cos grandes avances científicos e físicos da Idade Moderna, Marquiños ofrécenos un achegamento ás multiples posibilidades da electricidade estática, a atracción provocada polo magnetismo dos imáns e a conductividade eléctrica a través do uso de placas electrónicas como o makey-makey.
Este Marquiños estamos a descubrir unha morea de cousas!!









