Marquiños achéganos ao mundo da ciencia. Convídanos a investigar sobre a natureza que nos arrodea, extraendo as cores ás nosas hortalizas, achegándonos a identificación dixital de diversas especies vexetais, o tinguido de flores e epiteliais de cebolas, creando mostras para posteriormente observar a través dun aparato fascinante que xa provén da Idade Moderna – o microscopio-. Etapa da que Marquiños e nós estamos a aprender moito.
Seguimos!
















