Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

Día dos voluntarios

Para celebrar o Día Internacional dos Voluntarios contamos cos amigos de Cruz Vermella Betanzos que viñeron contarnos o su significa ser voluntario e o que cada un de nós pode facer polos demáis.

Para infantil e 1º e 2º de primaria contamos cun voluntario do ámbito da protección civil, que trouxo ao centro a ambulancia coa que contan e explicou á rapazada a súa labor.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º conversou con dúas voluntarias do ámbito social que lles explicaron o seu día a día na asociación e como as pequenas accións poden facer moito pola sociedade e os máis vulnerables.