Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

Samaín

Para celebrar este Samaín dende o EDLG argallaron un lote de historias de medo. Pero de medo dentro da mitoloxía galega. Unha fabulosa oportunidade para pasalo en grande e coñecer un pouco da nosa mitoloxía.

E como non, tamén tivemos a tradicional exposición de cabazas que este curso fixemos na zona axardinada do centro.

Que bonitas lucían pola noite cos cirios prendidos…