Este curso os voluntarios volven á biblioteca.
Se ben durante os dous cursos anteriores facían labores dende as titorías, este curso volvemos á biblioteca. E volvemos de estrea.
Un nutrido grupo de voluntarios de 5º e 6º de primaria están formándose para levar a cabo labores de préstamo, xestión, asesoramento e obradoiros nos recreos e na hora de ler.
Aquí vos deixamos algunha imaxes do seu traballo ao longo do mes de setembro, mestres estivemos preparando a biblioteca para que a puidésedes gozar todas e todos vós.







