A actividade final do proxecto e que serviu como festa para o remate do curso foi a clebración dunha feira medieval.
Para esto contamos con postos de troco para os que o alumnado botou man do aprendido nos obradoiros levados a cabo coa Reserva da Biosfera (elaboración de xabón, estampación, cestería, …) e tamén outros inventados como o de saquiños de plantas aromáticas ou o de pulseiras de papel. Así mesmo contamos con cantos de cego, que se prepararon no obradoiro que tivemos con Sara Fraga.
Pola súa banda o alumnado de infantil organizaou xogos medievais.









Contamos tamén cun posto de forza, un de cestería con bimbio e un de ilustración (non podía faltar o noso admirado Suso Cubeiro).




Tamén o Concello aportou o seu gran de area traendo unha exhibición de aves rapaces e unha xusta medieval.







Pola súa banda a ANPA puxo a merenda.

Foi unha xornada fabulosa e un fin de proxecto que sempre recordaremos.