Neste terceiro episodio, enmarcado no noso programa dedicado a “Datas Sinaladas”, queremos compartir convosco unha entrevista moi especial. O alumnado de 4º de E.P. tivo a oportunidade de conversar con Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Foi unha visita moi agardada por todos/as! Deste xeito, quedan inauguradas as Obras de Remodelación na nosa escola. Ata pronto amiguiños/as!
