Celebramos o día do libro cun agasallo ás aulas, que recibiron o venres 22 e con que puideron gozar na hora de ler.



O martes 26, xa que o luns 25 foi día non lectivo en Abegondo, terminamos de decorar o corredor do centro coas nosas “constelacións literarias”. O alumnado elaborou constelacións coas personaxes dos seus libros preferidos.
Para isto tomamos como referencia o proxecto “Una estrella para cervantes“, unha proposta da Sociedade Española de Astronomía e o Planetario de Pamplona que consiguíu alzarse como favorita no concurso internacional Name ExoWorlds. Así, a lonxana estrela μ Arae ubicada a 49,8 anos luz de distancia -na constelación Ara- é Cervantes e, os catro planetas que a circundan, Quixote, Rocinante, Sancho e Dulcinea, respectivamente. Deixamos estes enlaces por se vos son de intrese.
https://estrellacervantes.es/
https://es.wikipedia.org/wiki/Cervantes_(estrella)






Tamén, denda algunhas titorías querían traballar a lenda de San Xurxo, que parte da Idade Media, polo que lles achegamos os seguintes recursos:
- San Xurxo e o dragón: https://sendasyleyendas.com/2022/03/san-jorge-dragon-leyendas/
- Lenda con pezas de Lego. https://www.youtube.com/watch?v=-Jf4Vty5Uf8
- Lenda con Playmobil. https://www.youtube.com/watch?v=omaM9dGnvc0
Xa por último, e como é tradición, no corredor organizamos a exposición de Quijotes. Este ano non contamos coa visita de Cervantes, Don Quijote e Sancho. Esperamos contar con eles o próximo ano.
