Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

Venres desenchufado I

Dende a Biblioteca creativa e o equipo de tics poñemos en marcha os “Venres Desenchufados” (en total 7 venres). Trátase de traballar o pensamento computacional sen o robot. Para iso, o alumnado, partindo dun taboleiro cunha casilla de saída e varias de chegada, deberá visualizar o camiño a percorrer seguindo as ordes das tarxetas facilitadas e adiviñar o punto de chegada. Tamén se poderá facer a actividade de xeito vivencial, colocando aros no chan a modo de casillas, debuxando cadrados … e movéndose a modo de robot seguindo as ordes dadas por un compañeiro/a.