Con motivo do Día da Árbore, 21 de marzo, e contextualizado no PDI da Idade Media, dende o Equipo de TICs presentamos hoxe un novo Reto Steam que poderedes ver no taboleiro do corredor:
Consiste na elaboración de Dioramas medievais (1 por aula) de árbores, bosques ou plantas medicinais da época, partindo dunha caixa de cartón e xogando coas profundidades.
Proponse integrar no Diorama luces led (no fondo da produción a modo de estrelas, lúa, sol…) traballando a electricidade cun sinxelo led que se acenderá cunha pila de botón. Así, teredes dispoñible na sala de mestres a partir de mañá unha caixa con leds e pilas de botón (cada aula para o seu Diorama poderá coller entre 1 e 5 leds, coas súas correspondentes pilas de botón).
Os Dioramas expoñeranse no mesmo taboleiro unha vez rematados.