Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

Día da narración oral

O día 20 de marzo celébrase o Día Internacional da Narración Oral. Como foi domingo decidimos celebralo hoxe. Para isto, o alumnado de 6º, que está a participar no proxecto “Cóntame un conto” da Fundación Fraguas e o Museo do Pobo Galego reuniu a compañeiras e compañeiros de outros cursos para contarlles as súas historias.

Puidemos comprobar que pouco a pouco estes contadores van mellorando a súa técnica.

Animámosvos a escoitalos dada a variedade e temáticas que abarcan e o ben que o fan.