Dentro do CP Inclúe, na modalidade Emociona-t, estamos a levar a cabo un obradoiro de cine co alumnado de 6º.
Contamos coa guía de Omar Rabuñal, o que supón para nós todo un privilexio.
Deixamos aquí algunhas imaxes da primeira e segunda sesión, nas que nos fixemos unha primeira idea do que queremos facer, repartimos tarefas, demos as liñas básicas das nosas historias e aprendimos un pouco sobre planos.



