Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

Os muiñeiros medievais

Con este novo episodio “Os muiñeiros medievais”, elaborado nesta ocasión pola aula vermella, pretendemos achegarvos de xeito signficativo á labor desempeñada anos atrás polos muiñeiros e muiñeiras. Cremos que as tradicións son valores e historia que deben permanecer ao longo dos anos. Son señas de identidade da nosa propia cultura, que os nosos nenos e nenas deben vivenciar para coñecelas, sentirse parte da sociedade e cultivar a súa conservación. Gozade moito da súa escoita e animádevos a participar no seu xogo de preguntas e respostas sobre este oficio.

O Maio

Aí vén o maio de flores cuberto… grazas á colaboración das familias puidemos achegarnos de preto á tradicional celebración da chegada do mes de maio.”

Recicla as túas pilas

Co fin de concienciar ao alumnado sobre a reciclaxe e reutilización das pilas, dos tipos que hai e das consecuencias do seu uso para o medio ambiente a partires do