Para abordar este día levároonse a cabo varias actividades:
III Olimpiadas da Igualdade
Por terceiro ano e en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Abegondo celebramos as Olimpiadas da Igualdade, na que nenas e nenos se enfrentan a probas coas que experimentan a realidade que todavía neste século viven as mulleres en relación á igualdade e trato igualitario. Este anos participou o alumnado de 4º, 5º e 6º.




Contamos tamén coa presenza do noso alcade, José Antonio Miramontes, que non dubidou en integrarse nas actividades.


Cine para a reflexión
O alumnado de 1º, 2º, e 3º reflexionou sobre esta temática a partir da películo “Zootrópolis”.


Unha porta violeta
O alumnado de infantil dibuxou na entrada do seu edificio unha prota violeta coa que berraron NON á violencia contra as mulleres.




Tamén realizaron cos amigos de Aspace Coruña un obradoiro de colares pola igualdade empregando tapas de refugallo.



Nin bruxas nin malas
Todos xuntos eleboramos o mural “Nin bruxas nin malas”. Aquí os pequenos falaron sobre o papel das bruxas nos contos. Os maiores reflexionaron sobre a queima de bruxas na Idade Media e intentaron facer unha retrospectiva á actualidade.



