Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

Día da infancia

Cal é a chave que abre o teu soño?

Partimos desta performance que creamos no corredor do centro para reflexionar sobre os dereitos das nenas e dos nenos. Falamos dos dereitos, dos que temos, dos que non se nos recoñecen, de deberes tamén. E falamos daquelas nenas e nenos que non teñen recoñecidos os seus dereitos. Buscamos solucións, pero… ogallá algún día poidamos levalas a cabo.