Primeira xornada dun proxecto en común.
Este curso imos eleborar compostaxe para a nosa minihorta. E vós diredes, que ten que ver a biblioteca coa compostaxe?
A biblioteca, colaborando co equipo de Paisaxe e Sustentabilidade e de Voluntariado miúdo, vai levar a cabo xunto cos amigos da patrulla de limpeza do Concello de Abegondo este proxecto, no que eles aportan follas e nos restos de merendas.
A biblioteca entra aquí a través do traballo coa información, o voluntariado e o desenvolvemento sostible, tres dos obxectivos polos cales traballamos día a día.
Nesta primeira xuntanza os amigos do Consorcio das Mriñas trouxéronnos tres composteiros e explicáronnos o seu fucionamento. Agora, o seguinte paso, será que o alumando de 5º e 6º, asistentes á charla, expliquen ao resto do centro como vai fucionar a recollida de restos de merendas e como imos ir elaborando ese compost.
Seguiremos informándovos.


