O latexo diario: o meu corpo no espazo

Son moitos os momentos que nos brindan oportunidades únicas para o movemento, para poñer en relación o noso corpo co dos demais e co espazo. En ocasións xorde de xeito espontáneo, como pode ser no patio, outras veces con pequenas provocacións como a presencia de elementos como un banco, unha mesa e unha colchoneta. É …

Club de ciencia II: imáns e electricidade estática

Na nosa segunda sesión do Club de ciencia exploramos con diferentes elementos. Por unha banda con diferentes imáns e materiais para observar se se atraían ou non. Ademais exploramos con globos e bolígrafos sobre a electricidade estática, frotando os mesmos sobre bufandas de lá para logo probar se a “maxia” aparecía e os papeis, o …

Instalación artística de Nadal

Como viñemos facendo no pasado curso continuamos coa realización de instalacións artísticas. Desta volta realizamos unha instalación con temática do Nadal, onde por medio de diferentes elementos e empregando as cores vermella e verde, pretendemos que o alumnado explorase, crease, imaxinase… Coma sempre traballamos tamén “o despois” da instalación, onde eles e elas mesmas axudan …

Kiwano

Esta semana puxemos os nosos sentidos a funcionar. Á nosa aula chegou algo ben raro… Observamos unha parte pequena desta cousa misteriosa e fomos dicindo as nosas hipóteses: Logo observamos o froito enteiro e imaxinamos de que cor sería o seu interior. Abrímolo e observamos. Logo probamos… Houbo quen quixo ata repetir. E tamén houbo …

Pensar, crear, imaxinar…

Son moitos os materiais que empregamos para estimular o pensamento creativo na aula. No caso de hoxe empregamos o xogo UN MEMO de Hervé Tullet. Primeiro cada un de nós colocou dúas tarxetas, de xeito que quedaran unidas entre sí. Cando rematamos a composición paramos a observala. Logo cada un de nós respondeu á pregunta: …

Club de ciencia

Dende a nosa Bibliomarquiños a profe Ana anda argallando diferentes experiencias para xogar e aprender coa ciencia. Nesta primeira sesión experimentamos con alimentos. Obtivemos pigmentos de diferentes alimentos e empregámolos para pintar. Observamos os diferentes alimentos no microscopio e emparellamos con cadansúa fotografía Xa estamos desexando que chegue a segunda sesión do Club de ciencia!