Estacións de outono

En ocasións organizamos as propostas dentro da nosa aula en estacións, de xeito que traballamos catro equipos en espazos con material concreto de xeito simultáneo, e imos rotando polas diferentes propostas cada 15 min. Neste caso foron estacións coa temática do outono, mediante as que abordamos diferentes aspectos de lóxica, linguaxe, matemáticas, habilidades manipulativas… Estación …

O comedor de preto

O comedor é unha espazo moi importante na nosaxornada, pero debido ás medidas COVID o curso pasado non puidemos coñecelo ao completo. Foi por iso que este ano decidimos visitar a cociña. Dende o alto da escaleira quedamos abraiados co tamaño das potas. Ademais non marchamos sen ver polas xanelas as galiñas e coellos dazona …

Outonando

Os primeiros froitos do outono foron chegando á nosa aula grazas á colaboración das familias. Fixemos clasificacións en cestas do diferente material aportado para despois empregalo en diferentes momentos. Serviunos para afondar en contidos loxico-matemáticos, para facer grafismos creativos, para ambientar o espazo de natureza e minimundos… Ademais dalgúns froitos comezaron a saír uns amigos …

Estamos de volta

Xa máis que iniciado o curso estamos preparados/as para compartir de novo as nosas aventuras… Hoxe queremos deixarvos unhas fotografías dos primeiros contactos cos espazos e materiais da aula. Este ano incorporamos os encerados nas nosas rutinas, permitíndonos facer trazos efímeros nun novo sorporte que ata o de agora non empregabamos. En ocasións facemos debuxos, …

Novas propostas primaverais

Bandexas de aprendizaxe Nun dos nosos recunchos da aula traballamos por medio de bandexas nas que as propostas van cambiando. Estas propostas permítennos ser autónomos á hora de traballar e practicar diferentes habilidades. Nun primeiro momento as propostas foron enfocadas á vida práctica e polo tanto á mellora da motricidade fina. A medida que o …

CHEGOU A PRIMAVERA

Para a entrada da primavera comezamos a darlle forma ao noso recuncho de arte estacional. As folerpas de neve desapareceron e comezamos a crear. Pensamos en crear a obra Flores de Andy Warhol e puxémonos mans á obra. Comezamos pintando con lá o fondo da nosa obra de arte. Logo picamos as flores das cores …

Comedeiros para os paxariños

Con cascas de laranxa e corda preparamos dous comedeiros para os paxariños e colocámolos no patio. Metémoslle dentro alpiste que trouxo Sara da súa casa. Observamos os pardais que voan polo teito do patio, pero polo de agora non se achegaron a comer. Na seguinte ligazón podedes atopar información de interese destes paxariños: https://www.rios-galegos.com/ave46.htm

Paxariños no patio

Hoxe na nosa aula apareceu unha caixa de madeira que suscitou o noso interese. Que era aquilo? Houbo hipóteses moi variadas ao respecto: É unha caixa de mosquitos. É unha caixa da abellas. É unha caixa para unha pantera, unha pantera pequena. É unha caixa para gardar cousas. É unha caixa para paxariños. Cando andabamos …