Novas secuencias na aula

Coa chegada da primavera apareceron novas fotografías na nosa corda da beleza. E con elas novas propostas nas bandexas onde están moi presentes os insectos. Fomos ademais desubrindo moitas cousas sobre eles/as, grazas tamén á chegada de cousiñas aportadas polas familias como un niño de avespas velutinas con ovos, un panal dunha colmes ou a …

Easter

Coñecemos da man de Joy como se celebra Easter no seu país. Para iso primeiro escoitamos atentos a súa explicación e canción. Logo diso, por parellas buscamos os ovos escondidos, e ao atopalos puidemos decorar o noso propio ovo de Easter, ademais de poñer unhas tatuaxes nas nosas mans.

Baloncesto

Este trimestre investigamos sobre un deporte olímpico: o baloncesto. Coa axuda das familias aprendemos moito, podedes escoitar na nosa participación no programa de Radio Marquiños especial todo o que aprendemos na seguinte icona: Ademais con todo o que foron aportando as familias creamos unha pequena maqueta dunha pista de baloncesto.