Paxariños no patio

Hoxe na nosa aula apareceu unha caixa de madeira que suscitou o noso interese. Que era aquilo? Houbo hipóteses moi variadas ao respecto: É unha caixa de mosquitos. É unha caixa da abellas. É unha caixa para unha pantera, unha pantera pequena. É unha caixa para gardar cousas. É unha caixa para paxariños. Cando andabamos …

Que pasou aquí?

Á volta da fin de semana observamos que a nosa planta estaba diferente, as súas follas e flores “estaban para abaixo”. Isto levounos a facer unha reflexión e a plantexar hipóteses sobre o que acontecera: “Está triste” “Uns bichos comeron as súas follas” “Ten moita auga” “Non ten auga” Finalmente a hipótese de que lle …

Sementeira con Labrecos

Durante a xornada de hoxe recibimos a visita de Labrecos, unha empresa familiar que produce diferentes verduras, legumes e froitas da súa horta ecolóxica. Para a ocasión trouxeron sementes de tirabeques, que plantamos no noso vasiño de iogur que trouxeramos da casa. Agora tócanos regalos dúas veces á semana ata que xermolen, logo levarémolos para …

Instalacións artísticas

Durante o mes de outubro a nosa mestra tivo a oportunidade de viaxar a Reggio Emilia para coñecer máis polo miúdo a pedagoxía das súas escolas e os elementos primordiais dentro das aulas desta rexión. Isto permitiu que durante o que levamos de curso disfrutaramos xa de dúas instalacións artísticas na aula, grazas tamén á …

8-M Día internacional da muller

Celebramos o Día internacional da muller na aula verde Ao longo da semana coñecemenos a Christine de Pizan, unha muller medieval moi importante. Coñecemos que foi escritora, filósofa e poeta. Isto permitiunos reflexionar sobre os dereitos das mulleres ao longo da historia. Velaquí a nosa participación para o “Paseo da muller”: O 8 de marzo …

Noticieiro Marquiños

Por primeira vez achegámonos á radio escolar, a Radio Marquiños. Desta vez fomos un grupo de 4 ne nas e nenos para gravar o Noticieiro Marquiños do mes de febreiro. Contamos aquelas experiencias e actividades máis destacadas do mes, foi toda unha experiencia! Agardamos que vos guste! https://www.ivoox.com/83470736 Moi pronto outro grupo de compañeiras e …

Día de Rosalía 2022

Sementa de pensamentos Neste 2022 celebramos o 23 de febreiro o Día de Rosalía. Seguindo a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua galega (EDLG) do centro, inspirada na iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fixemos unha #SementaDePensamentos no noso cole. Despois de coñecer a figura de Rosalía de Castro e …