Unha visita especial

Durante o recreo de mediodía apareceu no patio un insecto moi especial: un grilo.

Collémolo nun dos botes de observación de insectos que temos na aula e a macia aconteceu.

Fomos quen de observar como coa fricción e movemento das súas propias ás o grilo emitía o seu característico son.

A mestra liberouno nunha das xardineiras do patio e fixo un túnel na terra para meterse.

O mundo dos insectos está a ser todo un conxunto de descubrimentos!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *