Novos amigos na aula

Coa chegada da primavera fomos descubrindo cousas moi interesantes sobre os bechos que van aparecendo na nosa contorna.

Observamos un niño de velutinas cos seus ovos, bolboretas, escaravellos picudos, panais de abellas, caracois, arañas…

Pero o mellor chegou da man dos nosos compañeiros/as da aula amarela, que compartiron con nós parte dos seus ovos de eirugas da seda.

Así foi como nos adentramos no mundo dos vermes da seda. Actualmente naceron un total de 24 eirugas, tan só queda un dos ovos por abrirse.

Todos os martes imos rexistrando en que fase se atopan, debuxamos e fotografamos como se atopan, este martes completamos o terceiro rexistro.

Ademais tivemos a inmensa sorte de que a profe Lourdes nos emprestara un microscopio USB co que puidemos ver todo dun xeito espectacular. Tanto foi así, que fomos quen de ver ata como deixaban saír e depositaban os seus excrementos.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *