Campo de flores

Este curso seguimos facendo grafismos creativos por medio da proposta de Hervé Tullet, Cocina de debuxos.

Hoxe seguindo tamén ao autor fixemos un dos obradoiros de arte do seu libro Diviértete: Campo de flores.

Como deixamos no chan da aula secando as nosas creacións, e moveríamos cadeiras e mesas para a proposta, pensamos que sería bo día para merendar fóra, e así o fixemos.

A natureza neste tempo da merenda agasallounos e puidemos escoitar e ver os paxariños, ver unha lesma, un caracol, un mosquito e ata unha miñoca meterse na terra. De seguro que de aquí en diante repetiremos.

A nosa creación xa loce no corredor.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *