Semana do libro

Esta semana fixemos varias propostas para celebrar o Día do libro.

Unha delas consistiu en coñecer a obra de Eric Carle e crear personaxes á súa maneira, con papel recortado que previamente pintamos. Podedes ver neste vídeo como o fai Eric Carle e nas imaxes veredes as nosas creacións.

Ademais fixemos unha creación conxunta, para reproducir a protagonista do conto Unha eiruga moi larpeira.

Para finalizar a semana participamos na Maratón de lectura na biblioteca cos nosos contos favoritos que trouxemos da nosa casa.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *